
Maquillaxe para noivas
A noiva ideal é aquela que se sente ela mesma, a que brilla con luz propia.
Cada noiva é especial, ten as súas preferencias, as súas necesidades e eu serei a túa aliada para encontrar a maquillaxe perfecta para ti.


Maquillaxe para eventos
¿Queres verte preciosa para unha voda ou evento? Teño diferentes opcións para ti según os teus gustos 🙂



Traballos realizados ♥
¿Queres facer un agasallo diferente? ¡Regala beleza!
Só tes que engadir ó carro a túa elección e en observacións indicar o nome da persoa e listo! Tarxeta en marcha ♥
Sobre min ♥
De pequena, ano tras ano a miña cartas ós Reis Magos pedía o mesmo: un maniquí e un maletín de maquillaxe. Era feliz rodeada de maquillaxe, cosmética, peine; podía pasar horas peinando e maquillando ás miñas bonecas.
O certo é que sempre me quixen adicar ó mundo da beleza pero comecei a miña traxectoria profesional noutro sector totalmente diferente pero sen deixar nunca de lado a miña verdadeira paixón: a maquillaxe.
Ata fai uns anos os meus coñecementos eran soamente autodidactas e decidín que era o momento de ir un paso máis aló. O meu traballo non me permitía poder acceder a unha academia física polo que me interesei pola formación online.
Realizacei a miña formación teórico - práctica onde cursei:
▪ Tipos de delineados ▪ Maquillaje de Día y Maquillaje de Noche. ▪ Maquillaje de Novia. ▪ Maquillaje de Ojos - Formas clásicas.
▪ Ivan Gómez - Máster Online de Delineados.
▪ Ivan Gómez - Curso online de maquillaje y peluquería para eventos.
E sen deixar de practicar, sempre hai cousas que mellorar.