Avda. Pontevedra, 9 - Antas de Ulla

Animosa - Taza Rosalía Cantarte Hei

Cunca con deseño exclusivo de Animosa inspirado na frase «Cantarte hei Galicia na lingua galega».

As nosas cuncas veñen presentadas nunha elegante caixa de cartón adornada cos símbolos do noso escudo: o loureiro (símbolo do respecto, a forza e o éxito), a flor de lis (que representa nobreza, lealdade, xenerosidade e perfección) e libélulas (símbolo do equilibrio, a madurez, a forza e a coraxe).

Cunca tipo mug (capacidade 30 cl.). Tódalas nosas cuncas están producidas unha a unha pra que a calidade da impresión sexa óptima.

Se atopas diferenzas entre dúas, forman parte da súa orixinalidade e fainas exclusivas. Recoméndase non empregar deterxentes abrasivos nin estropallos metálicos e o lavado a man.

Deseñada e fabricada en Galiza poñendo moito agarimo nos detalles.

14,95 €
Precio IVA incluido gastos de envío no incluidos