Avda. Pontevedra, 9 - Antas de Ulla

Maquillaxe de Noiva

  • Entrevista previa para ver opcións e elaborar presuposto.
  • Maquillaxe completo de proba.
  • Maquillaxe completo o día B.

- Posibilidade de desprazamento.


A noiva ideal é aquela que se sente ela mesma, a que brilla con luz propia.

Cada noiva é especial, ten as súas preferencias, as súas necesidades e eu serei a túa aliada para encontrar a maquillaxe perfecta para ti.

¿Qué inclúe este servizo?

Estaremos meses en contacto

Meses previos...

Unha primeira cita na que che farei moitas preguntas sobre os teus gustos, estilo de voda, peiteado, vestido,... Tamén che enviarei un cuestionario sobre ti, a túa pel, a túa rutina facial de coidados e tratamentos.

En base a isto, se é necesario poderei asesorarte sobre unha rutina facial personalizada para ti.

A proba...

Elexiremos un día para ti, para que te relaxes mentres realizamos a proba. Poderás vir soa ou acompañada, será a túa elección.

O día da proba faremos todas as maquillaxes que sexan necesarias, utilizando diferentes técnicas, productos,... todo ata que te vexas perfecta e co look que buscas.

Semanas antes da voda, volveremos falar por si desexas repetir a proba, cambiar algo,... ademáis de evaluar cal é o estado da túa pel por si é necesario facer cambios na túa rutina de coidados.

O día da voda...

Será un día moi especial para ti polo que te prepararei con todo o mimo para que sexa unha experiencia agradable.

Si é necesario o desprazamento, eu irei con tempo para ter todo preparado á túa chegada. Estarei contigo ata que te vaias á cerimonia por si é necesario realizar algún retoque.

Dareiche un kit de para que poidas retocarte.

Opcional: retoque post-ceremonia.





0,00 €
Precio IVA incluido gastos de envío no incluidos