Avda. Pontevedra, 9 - Antas de Ulla

Aceite esencial árbore de

15.10.2020

O aceite de árbore de , é un aceite esencial con propiedades antisépticas, funxicida e antibacteriano. ¿Queres coñecer os seus usos? Sigue lendo!

  • ACNÉ

Combate o acné, penetra nas glándulas sebáceas e seca os puntos negros. A súa función antiséptica axudará a que non se infecten os graniños e a que a posíbel cicatriz sexa menor.

Aplicación: Hai que engadir unhas gotiñas na túa crema habitual ou aplicar directamente sobre as lesións.

  • CASPA

O exceso de oleosidade moitas veces provoca sequidade e caspa. Este aceite controlará esta oleosidade evitando a aparición da caspa.

  • CAÍDA DO PELO

Este aceite axuda a previr a caída do pelo e tamén axudará a acelerar o crecemento.

Aplicación: Hai que poñer unhas gotiñas desta aceite no champú ou na palma da man bota unhas gotas do aceite e masaxea o coiro cabeludo.

  • PIOLLOS

Os principios activos deste aceite actúan como barreira entre a fibra capilar e o piollo, deste xeito evítase que incuben os seus ovos.

¿Hai piollos? Os pasos a seguir serían diluír 6 gotas de aceite de árbore de té en 12 gotas de outro aceite corporal, logo hai que masaxear por todo o cabelo. Despois disto hai que poñer un gorro e deixar repousar durante 30 minutos. O último será lavar a cabeza coa mestura de 10-15 gotas de aceite no champú. Importante aclarar o cabelo con abundante auga. Tras lavar a cabeza será necesario eliminar os ovos dos piollos cunha lendrera.

Como prevención:Para previr a aparición de piollos e crear unha barreira, hai que empregar o aceite mesturado con champú mínimo unha vez por semana. Tamén se poden engadir 12 gotas de aceite del árbore del té en ¼ litro de auga para pulverizar cada mañá.

  • FUNGOS e PE DE ATLETA

Este aceite ten propiedades funxicidades polo que será perfecto para fungos nas unllas e pé de atleta. Será importante tamén manter unha boa hixiene para evitar a súa proliferación.

Aplicación: Ferve nun cazo auga, logo nun barreño bota 5-8 gotas do aceite. Mete os pes/mans no barreño durante 10-15 minutos.

  • LIMPEZA

Aínda que parece incríbel este aceite tamén se pode utilizar para a limpeza da casa.

  1. Desinfección de superficies. Prepara nun pulverizador 25 gotas de árbore de té por cada 250ml.
  2. Limpeza habitual de superficies. Prepara nun pulverizador: medio litro de auga, 75ml de vinagre de limpeza e 6 gotas do aceite.
  3. Limpeza do chan, servirá para desinfectar os tecidos. Si vas lavar a man hai que botar 50 gotas do aceite por cada litro de auga. Para a lavadora bota 50 gotas xunto ó deterxente. 


Estes son algúns dos seus usos máis comúns aínda que tamén se pode utilizar para picaduras, sabañóns, bafos para a tos,... ¿Coñeces algún máis?

Podes mercalo aquí