Coidado das mans

Durante o outono e o inverno as nosas mans sofren as consecuencias do frío, e si a iso lle sumamos o uso habitual de xeles hidroalcólicos o resultado é claro: mans deshidratadas e agretadas.
¿Queres saber cómo evitalo?
- Protexe as túas mans do sol e aplica sempre crema solar. Esto evitará a aparición de manchas ó mesmo tempo que as protexe do clima.
- Abriga as túas mans, utiliza guantes cando vaias saír. Si as túas mans teñen gretas ou feridas utiliza guantes de algodón.
- Utiliza unha solución hidroalcólica que sexa respetuosa coa pel, si as túas mans teñen tendencia á estar moi secas escapa de aquelas que sexan moi perfumadas. Unha solución respestuosa é Actoner Solución Hidroalcohólca - 800ml.
- Se vas utilizar produtos de limpeza, usa guantes. Evita que os químicos toquen a pel, sobre todo si xa está danada.
- Utiliza xabóns suaves e neutros, evita todos aqueles que conteñan perfumes. Enxabona e aclara as mans con auga tibia; non te olvides de secalas ben e sen frotar.
Aplica crema hidratante para mans despois de cada lavado ou cando notes que están resecas.
- Cando as túas mans presenten gretas, feridas e estean moi resecas recurre a aceite de améndoas doces ou de rosa mosqueta. Aplica o produto nelas e masaxea. As propiedades deste aceite conseguirán rexenerar as células mortas da pel.
- De vez en cando, exfolíaas, podes utilizar unha crema exfoliante corporal ou crear ti a túa propia.
Utiliza: aceite de coco ou améndoas doces mesturado cun pouco de azucre, extende a mestura nas mans, masaxea e agarda 10 minutos; despois aclara con abundante auga tibia.
¿Tes algún truco para lucir unhas mans perfectas? ¡Conta! 😄