Avda. Pontevedra, 9 - Antas de Ulla

Animosa - Axenda Escolar 22-23 A6 - Rosalía

Agotado

Axenda Escolar 2022-23 A6 Rosalía Queimada

19,90 €

Axenda escolar tamaño A6 inspirado na frase: «Olliños de gloria! Cariña de meiga! Apértame ben, corazón de manteiga!» de Rosalía de Castro. Inclúe pegatinas.

Axenda dunha páxina por día. Con todo o mes dunha ollada pra apuntar-las datas crave. Con ferramentas pra tomar decisións, xestionar anoxos, frases motivadoras, e moitas máis sorpresas no seu interior. E de tamaño pequeño para que poidas levala contigo a todas partes. A túa compañeira dun curso de ilusión e de non conformarse, de rebelarse, de gozar e de aprender! Inclúe marcapáxinas.

¿Tiveches algunha vez unha axenda co tamaño xusto pra levala contigo a todas partes? Esta teno. E vén con tapa dura. Con peche con goma. Con páxina por día. Con marcapáxinas coa biografía da persoeira. Con frases de grandes pioneiras. Con deseños exclusivos, creados especialmente pra mulleres que loitan cada día por logra-los seus obxectivos.

Deseñada e fabricada en Galiza poñendo moito agarimo nos detalles.

Medidas: 10,8 x 14,9 cm.

19,90 €
Precio IVA incluido gastos de envío no incluidos